A pregada galaxia espiral ESO 510-13

Créditos da imaxe: Hubble Heritage Team (STScI/AURA), C. Conselice (U. Wisconsin/STScI) et al., NASA

Explicación: como acadou a galaxia espiral ESO 510-13 esa forma torta? Os discos de moitas espirais son delgados e planos, pero non sólidos. Os discos en espiral son conglomerados non compactos de miles de millóns de estrelas e de gas difuso orbitando gravitacionalmente un centro galáctico. Pénsase que un disco plano se forma polas colisións pegañentas de nubes de gas nas épocas iniciais da formación da galaxia. Os discos dobrados non son estraños, e incluso pénsase que ata a nosa propia galaxia Vía Láctea ten un pequeno pregamento. As causas das espirais dobradas están todavía a seren investigadas, pero pénsase que son o resultado das interacións ou incluso das colisións entre galaxias. A ESO 510-13, na fotografía de enriba, que está definida dixitalmente, atópase a 150 millóns de anos luz de distancia e abrangue 100.000 de anos luz.

Texto orixinal no APOD.