Créditos do debuxo e copyright: Frédéric BurgeotExplicación: usáronse cinco bosquexos debuxados a man de Xúpiter para crear este mapa plano fermosamente detallado das
partes superiores das xigantes nubes turbulentas de gas dominantes. Os debuxos orixinais, feitos con lapis de cores polo ocular dun telescopio de 16 polgadas de diámetro, teñen 5 polgadas (12,5 cm) de diámetro. As dimensións do
planisferio debuxado son 16×8 polgadas (40×20 cm). Observando as datas diferentes de novembro e decembro de 2011, o artista astronómico Fred Burgeot dependía da rotación
de Xúpiter para cubrir a circunferencia completa do planeta. O técnico de animación dixital Pascal Chauvet tamén converteu os debuxos de Burgeot nun
fascinante vídeo (vimeo), sintetizando unha visión telescópica do planeta en rotación cunha inclinación e fase axeitadas para as datas de observación. O vídeo inclúe as
lúas galineanas movéndose nas súas órbitas, comezando con Ganimedes e Ío proxectando sombras mentres planan en fronte de Xúpiter, seguidos por Europa e Calixto que pasan por tras do disco con bandas do planeta.
Texto orixinal no APOD.
A segunda ligazón, baixo a palabra «planisferio», amosa un mapa histórico de Xúpiter publicado hai máis de 100 anos. É curioso e, para os que vos gusten os temas históricos, moi interesante.
Gústache ou non?:
0
0
Pero que hermoso es el dibujo astronómico.
¿Sabéis que hay un equivalente al APOD pero solo de dibujo? Se llama ASOD y está en http://www.asod.info/
Y algún dibujo antiguo que sale también pulsando sobre mi nombre.
Gústache ou non?:
0
0
Unha mágoa que non teñas máis debuxos na web, que sáenche ben chulos. Por certo, hai unha promesa de envío dun de manchas solares, que aínda non chegou
Gústache ou non?:
0
0
Hola. Una preciosidad los dibujos astronómicos y Júpiter da mucho juego…Gracias QfwfQ por el enlace, ya lo he puesto en favoritos y tu web…cuánto tiempo sin verla y digo como Dosi, a ver si te animas porque son una maravilla tus dibujos. ¿También usas lo de invertir el dibujo en photoshop?. Un beso y hasta la próxima.
Gústache ou non?:
0
0