Xúpiter ao descuberto

Créditos do debuxo e copyright: Frédéric Burgeot
Explicación: usáronse cinco bosquexos debuxados a man de Xúpiter para crear este mapa plano fermosamente detallado das partes superiores das xigantes nubes turbulentas de gas dominantes. Os debuxos orixinais, feitos con lapis de cores polo ocular dun telescopio de 16 polgadas de diámetro, teñen 5 polgadas (12,5 cm) de diámetro. As dimensións do planisferio debuxado son 16×8 polgadas (40×20 cm). Observando as datas diferentes de novembro e decembro de 2011, o artista astronómico Fred Burgeot dependía da rotación de Xúpiter para cubrir a circunferencia completa do planeta. O técnico de animación dixital Pascal Chauvet tamén converteu os debuxos de Burgeot nun fascinante vídeo (vimeo), sintetizando unha visión telescópica do planeta en rotación cunha inclinación e fase axeitadas para as datas de observación. O vídeo inclúe as lúas galineanas movéndose nas súas órbitas, comezando con Ganimedes e Ío proxectando sombras mentres planan en fronte de Xúpiter, seguidos por Europa e Calixto que pasan por tras do disco con bandas do planeta.

Texto orixinal no APOD.