París de noite

 
Créditos da imaxe e copyrightSerge Brunier (TWAN)
Explicación: recoñeces as luces da cidade de París nesta imaxe? Tirada o 25 de marzo desde o cumio do rañaceos Montparnase de 210 metros de altura, moitos descubrirán a impoñente Torre Eiffel, ou a gran estrutura abovedada de Os Inválidos (dereita), ou a iluminación chea de cor da liña de Metro elevado que se curva suavemente cara o centro do cadro. Incluso podes albiscar o Arco de Trunfo preto do horizonte á dereita. Pero a pesares da túa localización, as luces celestes preto do horizontes occidental deberían parecerche moi familiares. A encantadora conxunción triple do brillante Venus (arriba), Xúpiter e un pequeno crecente da Lúa podían verse nos ceos nocturnos ao redor do planeta Terra.
NOTA: tamén se observou desde Galicia.

Texto orixinal no APOD.