As colas en oposición do Cometa Garradd


Créditos da imaxe e copyright: Robert Pölzl
Explicación: por que o Cometa Garradd ten dúas colas? Visible á esquerda, a cola de po do Cometa Garradd está composta de xeo e anacos de po que adquire na súa órbita ao redor do Sol. Visible á dereita, a cola iónica Cometa Garradd, está composta de gas ionizado expulsado directamente desde o Sol polo vento solar. A maioría de cometas amosa dúas colas, aínda que é estraño que apunten en direccións case opostas. O cometa Garradd amosa actualmente colas opostas debido ao oportuno ángulo de visión intermedio da Terra. Tons sutís da imaxe superior captada a pasada semana mostran que a cola de po lixeiramente amarela mentres os seus grandes grans reflicten a luz solar acromaticamente, mentres a cola iónica brilla lixeiramente azul xa que os ions de monóxico de carbono reflicten a luz solar azul de xeito máis eficiente. No centro, rodeando o núcleo cometario, está a coma tinquida de verde, coloreada así pola mestura de po e gases que inclúen o cianóxeno que emite verde. Aínda que agora vaga afastándose do Sol, o Cometa Garradd realizará o seu achegamento máis próximo á Terra a vindeira semana.