O choque da supernova 1987A

Créditos da imaxe: Telescopio Espacial Hubble, NASA, ESA; Compilación de video: Mark McDonald

Explicación: hai vintecinco anos foi albiscada a máis brillante supernova dos tempos modernos. Co tempo, os astrónomos observaron e agardaron a expansión dos restos da tremenda explosión estelar e a colisión desta co material previamente espallado. Un claro resultado dunha colisión demóstrase no vídeo en time lapse de enriba feito a partir de imaxes tiradas polo Telescopio Espacial Hubble entre 1994 e 2009. A película mostra a colisión dunha onda expansiva cun anel preexistente de un ano luz de ancho. A colisión ocurriu a velocidades preto dos 60 millóns de quilómetros por hora e o golpe de calor no material do anel fai que este resplandeza. Os astrónomos continúan estudando a colisión xa que aclara o interesante pasado da SN 1987A e aporta pistas sobre a orixe dos misteriosos aneis.

Texto orixinal no APOD.