Unha paisaxe celeste zodiacal

Créditos da imaxe e copyright: Jack Fusco
Explicación: Venus e Xúpiter son os dous planetas máis brillantes este mes. Pouco despois do solpor do 20 de febreiro, dominan o ceo por riba do horizonte occidental nesta paisaxe nevada. Nos ceos claros e transparentes sobre Cherry Springs State Park, Pennsylvania (EUA), tamén se ven inmersos na luz zodiacal. O brillo triangular extenso e difuso é luz solar espallado pola poeira ao longo do plano da eclíptica. Máis brillante preto do horizonte, o brillo zodiacal oriéntase cara arriba, primero cara Venus e despois cara Xúpiter abranguendo a eclíptica mentres orbitan o Sol. Atenuándose cada vez máis, o brillo estréitase cara o encantador cúmulo estelar das Pléiades preto do alto da imaxe. Seguindo coa súa aparición nesta paisaxe zodiacal, os vindeiros días veremos a Venus e a Xúpiter compartindo o ceo do serán cunha Lúa en crecente. Incluso, os dous brillantes planetas están a dirixirse cara un encontro achegado ou conxunción, afastados por uns 3 graos, o 13 de marzo.

Texto orixinal no APOD.

2 reflexións sobre “Unha paisaxe celeste zodiacal

  1. Non sei si e posíbel pero ¿Porqué non poñendes as fotos no tamaño orixinal do APOD?
    Coido que “lucirían” millor…
    Saúdos

    Gústache ou non?: Thumb up 0 Thumb down 0

    • É posible… Pero xa probei varias plantillas e todas adaptan a foto a un marco de tamaño fixo.

      Búscase voluntario con coñecementos!
      ;-)

      Gústache ou non?: Thumb up 0 Thumb down 0

Os comentarios están pechados.