Créditos da imaxe e copyright: Jack Fusco Explicación: Venus e
Xúpiter son os dous planetas máis brillantes este mes. Pouco despois do solpor do 20 de febreiro, dominan o ceo por riba do horizonte occidental nesta paisaxe nevada. Nos ceos claros e transparentes sobre Cherry Springs State Park, Pennsylvania (EUA), tamén se ven inmersos na
luz zodiacal. O brillo triangular extenso e difuso é luz solar espallado pola
poeira ao longo do plano da eclíptica. Máis brillante preto do horizonte, o brillo zodiacal oriéntase cara arriba, primero cara Venus e despois cara Xúpiter
abranguendo a eclíptica mentres orbitan o Sol. Atenuándose cada vez máis, o brillo estréitase cara o encantador cúmulo estelar das Pléiades preto do alto da imaxe. Seguindo coa súa aparición nesta paisaxe zodiacal, os vindeiros días veremos a Venus e a Xúpiter
compartindo o ceo do serán cunha Lúa en crecente. Incluso, os
dous brillantes planetas están a dirixirse cara un encontro achegado ou conxunción, afastados por uns 3 graos, o 13 de marzo.
Texto orixinal no APOD.