Créditos da imaxe: Nathan Alexander, Wikipedia Explicación: como rematou esta gran rocha neste estraño terreo? Un dos lugares máis inhabituais aquí na
Terra atópase no interior de
Death Valley (N.T.: o Val da Morte),
California,
EUA. Alí existe o fondo dun lago enxoito denominado
Racetrack Playa que é case perfectamente chairo, coa estraña excepción dalgunhas pedras moi grandes, unha das cales está
fotografada arriba. Agora, o chairo e a textura dun gran lago seco como Racetrack son fascinantes pero non
cientificamente misteriosos; son provocados polos fluxos de lama, secados e rachados tras unha forte chuvia. Porén, só recentemente unha
hipótese cientificamente viable deu coa explicación de como
pedras escorregadizas de 300 quilogramos remataron
preto do medio desa gran superficie chaira. Desfortunadamente, como acontece a miúdo na ciencia, un aparentemente
surreal problema termina tendo unha solución relativamente mundana.
Resulta que ventos fortes tras unha chuvia poden empurrar
incluso rochas pesadas ao través de fondos de lagos temporalmente esvaradíos.
Texto orixinal no APOD.
Dentro da curiosidade da foto, quédome co feito de que pertence á Wikipedia e que o autor ten liberados certos dereitos sobre a súa reprodución. Ogallá cundira o exemplo entre outros moitos afeccionados.
Gústache ou non?:
0
0