Raios anticrepusculares sobre Wyoming

 
Créditos da imaxe e copyright: Nate Cassell
Explanación: que está a acontecer sobre o horizonte? Aínda que a escena poida aparecer algo sobrenatural, nada ocorre máis inusual que o Sol poñéndose e algunhas nubes ben situadas. Arriba están fotografados os raios anticrepusculares. Para comprendelos, comeza por imaxinar raios crepusculares normais que se ven en calquera momento no que a luz solar corre espallándose entre as nubes. Agora, aínda que a luz solar viaxe ao longo de liñas rectas, as proxeccións destas liñas nun ceo esférico son círculos máximos. Por tanto, os raios crepusculares procedentes dun sol que se pon (ou que sae) parecerán re-converxer á outra beira do ceo. No punto anti-solar a 180 graos ao redor desde o Sol, son denominados como raios anticrepusculares. Na fotografía superior hai un conxunto particularmente impactante de raios anticrepusculares fotografados o pasado mes preto de Cheyenne, Wyoming (EUA).

Texto orixinal no APOD.