A galaxia espiral barrada NGC 1073

See Explanation.

Moving the cursor over the image will bring up an annotated version.

Clicking on the image will bring up the highest resolution version

available.

Créditos da imaxe: NASA, ESA, Telescopio espacial Hubble

Explicación: moitas galaxias espirales teñen barras cruzando os seus centros. Incluso pánsase que a nosa propia galaxia Vía Láctea ten unha  modesta barra central. A galaxia NGC 1073 ilustrada enriba, barrada de xeito salientable, foi capturada con un detalle espectacular nesta imaxe recentemente feita pública e tomada polo telescopio espacial Hubble, en órbita sobre a Terra. Son visibles os escuros filamentos das corredoiras de poeira, os xoves cúmulos de brillantes estrelas azuis, as nebulosas de emisión vermellas de hidróxeno brillante, unha longa barra de estrelas cruzando o centro e un refulxente núcleo activo que probablemente sexa o fogas dun burato preto supermasivo. Á luz lévalle preto de 55 millóns de anos dar connosco dende a NGC 1073, que abrangue preto de 80.000 anos luz. A NGC 1073 pode ser ollada con un telescopio de tamaño moderado dirixido á constelación do monstruo mariño, ou a balea (Cetus). Por casualidade a imaxe de enriba non só capturou o brillo dos raios X do sistema IXO 5, visible enriba á esquerda e probablemente inserido na espiral barrada, senón tamén tres alonxados quásars.

Texto orixinal no APOD.