Créditos da imaxe: Frank Drake (UCSC) et al.,Observatorio de Arecibo (Cornell, NAIC) Explicación: que están tentando decirnos estes terrícolas? A mensaxe que se olla enriba foi transmitido dende a
Terra en 1974 cara o cúmulo estelar
globular chamado
M13. Durante a inauguración do
Observatorio de Arecibo (que segue a ser o maior radiotelescopio dun só prato do mundo) foi enviada a secuencia de uns e ceros representando o diagrama que se pode ollar enriba.
Esta tentativa de comunicación extraterrestre foi máis que nada ceremonial (pois regularmente os sinais de radio e de televisión saen ao espacio de xeito accidental). Aínda que
esta mensaxe fora recibida, M13 está tan lonxe que deberíamos
agardar case 50.000 anos para escoitar a resposta. A
mensaxe de enriba proporciona uns cantos feitos moi simples acerca da humanidade e o seu
saber: de esquerda a dereita están os números do un ao dez, os átomos de
hidróxeno e
carbono, algunhas moléculas de interés, o
ADN, un humano con unha descripción, conceptos básicos sobre o noso
Sistema Solar e cuestións elementais sobre o telescopio emisor. Actualmente están en marcha varias
procuras de intelixencia extraterrestre, entre elas unha mediante a cal podes
empregar o teu propio ordenador doméstico.
Texto orixinal no APOD.