No camiño de Carima

See Explanation.

Moving the cursor over the image will bring up an annotated version.

Clicking on the image will bring up the highest resolution version

available.
Créditos da imaxe e copyright: Babak Tafreshi (TWAN)
Explicación: esta estrada accidentada a través do escuro deserto de Atacama semella dirixirse ao ceo cara as brillantes estrelas e a refulxente Vía Láctea do sur. Se segues a carreteira chegarás ao pico do Cerro Armazones, en Chile, o emprazamento onde se construirá o European Extremely Large Telescope (Telescopio Europeo Extremadamente Grande), de 40 metros. Por agora, pasando o cursor sobre a imaxe, poderás identificar na panorámica as maravillas do ceo do sur. A escena está dominada polo brillo avermellado da gran nebulosa Carina, unha das máis grandes rexións de formación estelar da nosa galaxia. De feito, a salientable vista do ceo non é una composición de diversas exposicións ou unha fotomontaxe. Lonxe de fontes de contaminación lumínica, a paisaxeque se olla enriba, iluminada pola luz das estrelas e pola Vía Láctea, foi tirada por unha cámara dixital modificada e con un rápido obxectivo. O sensible dispositivo capturou tanto ao planeta Terra como o ceo profundo nunha relativamente curta exposición.

Texto orixinal no APOD.