
Créditos da imaxe e copyright: Babak Tafreshi (TWAN) Explicación: esta estrada accidentada a través do escuro deserto de Atacama semella
dirixirse ao ceo cara as brillantes estrelas e a refulxente Vía Láctea do sur. Se segues a carreteira chegarás ao pico do Cerro Armazones,
en Chile, o emprazamento onde se construirá o
European Extremely Large Telescope (
Telescopio Europeo Extremadamente Grande), de 40 metros. Por agora, pasando o cursor sobre a imaxe, poderás identificar na panorámica as
maravillas do ceo do sur. A escena está dominada polo brillo avermellado da
gran nebulosa Carina, unha das máis grandes rexións de formación estelar da nosa galaxia. De feito,
a salientable vista do ceo non é una composición de diversas exposicións ou unha fotomontaxe.
Lonxe de fontes de contaminación lumínica, a paisaxeque se olla enriba, iluminada pola luz das estrelas e pola Vía Láctea, foi tirada por unha cámara dixital modificada e con un rápido obxectivo. O sensible dispositivo capturou tanto ao planeta Terra como o ceo profundo nunha relativamente
curta exposición.
Texto orixinal no APOD.