NGC 5965 e NGC 5963 no Dragón

Créditos da imaxe e copyrightStephen Leshin
Explicación: estas dúas galaxias espirais forman unha parella fotoxénica, atopada nos límites da setentrional constelación Dragón. Contrastadas en cor e orientación, NGC 5965 está case de canto respecto da nosa liña de visión e dominada por tons amarelos, mentres que a azulada NGC 5963 está case de fronte. Naturalmente, incluso nesta winstantánea cósmico ben enmarcada a escena está invadida por outras galaxias, incluíndo a pequena elíptica NGC 5969 na parte inferior esquerda. Máis brillantes, as estrelas con puntas da nosa propia Vía Láctea espállanse ao través do primeiro plano. Aínda que parecen estar achegadas e de tamaño similar, as galaxias NGC 5965 e NGC 5963 están moi afastadas e non ligadas, aparecendo por casualidade preto no ceo. NGC 5965 está a uns 150 millóns de anos luz de distancia e ten uns 200.000 anos luz de tamaño. Moito máis pequena, NGC 5963 está a só 40 millóns de anos luz de distancia e por iso non está asociada coa espiral de canto. Difícil de seguir, os brazos espirais en azul tenue de NGC 5963 extraordinariamente a marcan como unha galaxia de baixo brillo superficial.

Texto orixinal no APOD.