Na parede oeste do Cráter Aristarco

 
Créditos: NASA / GSFC / Arizona State Univ. / Lunar Reconnaissance Orbiter
Explicación:Meseta de Aristarco está ancorada no enorme fluxo de lava do Oceanus Procellarum da Lúa. No bordo sueste da meseta atópase o espectacular Cráter Aristarco, un cráter de impacto de 40 quilómetros de anchura e 3 quilómetros de fondo. Explora ao longo desta notable panorámica e atoparaste a ti mesmo ollando directamente á parede oeste do cráter duns 25 quilómetros. Os detalles ao longo desta parede con terrazas inclúen depósitos escuros de restos e fundidos de impacto, material brillante escavado e rochas duns 100 metros de ancho. Cunha resolución completa de 1,6 metros por píxel, o detallado mosaico creouse a partires de imaxes gravadas pola cámara de ángulo estreito do Lunar Reconnaissance Orbiter (Orbitador de Recoñecemento Lunar) en novembro de 2011. O punto privilexiado do orbitador estaba a 70 quilómetros ao leste do centro do cráter e a só 26 quilómetros por riba da superficie lunar.

Texto orixinal no APOD.