Nebulosa de reflexión de Merope

Créditos da imaxe e copyright: Leonardo Orazi
Explicación: as nebulosas de reflexión reflicten a luz desde unha galaxia achegada. Moitos grans pequenos de carbono da nebulosa reflicten a luz. A típica cor azul da nebulosa de reflexión está motivada pola luz azul que está a ser difundida máis eficientemente polo po de carbono que a luz vermella. O brillo da nebulosa está determinado polo tamaño e a densidade dos grans reflectantes y pola cor e brillo da/s estrela/s veciña/s. NGC 1435, na fotografía superior, rodea a Merope (23 Tau), unha das estrelas máis brillantes das Pléiades (M45). A nebulosidade das Pléiades está provocada por un encontro fortuíto entre un cúmulo aberto de estrelas e unha poeirenta nube molecular.

Texto orixinal no APOD.

Unha reflexión sobre “Nebulosa de reflexión de Merope

  1. Hola. Esta imagen es una preciosidad pero hoy no hemos tenido el placer de ver la que le corresponde al día 16 de febrero. Solo quería que constara que se ha echado de menos. Felices sueños.

Os comentarios están pechados.