Créditos da imaxe e copyright: Leonardo OraziExplicación: as
nebulosas de reflexión reflicten a luz desde unha galaxia achegada. Moitos grans pequenos de
carbono da nebulosa reflicten a luz. A típica cor azul da
nebulosa de reflexión está motivada pola luz azul que está a ser
difundida máis eficientemente polo
po de carbono que a luz vermella. O brillo da
nebulosa está determinado polo tamaño e a densidade dos grans reflectantes y pola cor e brillo da/s estrela/s veciña/s.
NGC 1435, na
fotografía superior, rodea a
Merope (23 Tau), unha das estrelas máis brillantes das
Pléiades (M45). A nebulosidade das
Pléiades está provocada por un
encontro fortuíto entre un
cúmulo aberto de estrelas e unha poeirenta
nube molecular.
Texto orixinal no APOD.