
Créditos da imaxe e copyright: Brian DavisExplicación: a Nebulosa Roseta non é a única nube cósmica de gas e po que evoca a
imaxe das
flores; pero é a máis famosa. No límite dunha gran
nube molecular en Monoceros, a uns 5.000 anos luz de distancia, os pétalos desta
rosa son realmente unha gardería estelar cunha adorable forma simétrica,
esculpida polos ventos e radiación procedente do seu cúmulo central de
estrelas novas e quentes. As estrelas do enerxético cúmulo, catalogado
como NGC 2244, teñen só uns poucos millóns de anos de idade, mentres que a cavidade central da
Nebulosa Roseta, catalogada como NGC 2237, ten uns 50 anos luz de diámetro. A nebulosa pode verse
directamente cun pequeno telescopio cara a constelación do
Unicornio (
Monoceros).
Texto orixinal no APOD.
Sendo o día que é, esta cousa comercial dos namorados (se a xente coñecera a vida do suposto San Valentín cambiaría moito o conto), no APOD da NASA tocaba Rosetta. Como non!
Deben levar unha decea ou unha ducia desde que se publica a foto diaria. Iso si, ben feitiñas.
En comparación, podedes comparar co traballo dos afeccionados galegos. No foro irmá desta páxina aparece unha imaxe de hai uns días desta mesma nebulosa.
Gústache ou non?:
0
0