
Créditos da imaxe e copyright: Doug Zubenel (TWAN) Explicación: por que Venus ten forma ovalada?
Venus foi visto desde a superficie da Terra innúmeras veces, e sempre a
atmósfera terrestre foi quen de dispersar a súa luz nalgún grao. Cando o aire ten a cantidade adecuada de poeira ou pingas de auga os obsectos pequenos e distantes como Venus exténdense nunha gran aureola angular. Non é inusual ollar unha aureola, e con frecuencia fanse notar en forma de
coroas circulares arredor do
Sol e a
Lúa. Recentemente, sen embargo, foron fotografadas aureolas que non eran circulares, senon
ovaladas. A aureola venusiana de enriba foi rexistrada por un
astrofotógrafo que dera conta do inusual fenómeno hai tres anos. Inicialmente posta en dúbida, a
inusual distorsión foi agora
confirmada múltiples veces por varios astrofotógrafos. O que causa a elipse é
actualmente descoñecida, ainda que algunhas
hipótesis sosteñen que
os responsables son cristais de xeo orientados horizontalmente, continúan as
discusións sobre o tema.
Texto orixinal no APOD.