Orión en gas, poeira e estrelas


Créditos da imaxe e copyright: Rogelio Bernal Andreo (Deep Sky Colors)
Explicación: a constelación de Orión alberga moito máis que tres estrelas en ringleira. Unha exposición profunda mostra todo, dende a nebulosa escura ata os cúmulos estelares, inseridos todos nunha extensa composición de volutas gasosas no gran complexo de nubes moleculares de Orion. As tres estrelas máis brillantes lonxe á esquerda son as tres famosas estrelas que configuran o cinto de Orión. Xusto debaixo de Alnitak, a máis baixa das tres estrelas do cinto, atópase a nebulosa da Chama, brillando co seu gas de hidróxeno excitado e mergullada en filamentos de escura poeira marrón. Baixo o centro do encadre e xusto á dereita de Alnitak fica a nebulosa de Cabeza de Cabalo, unha escura fendedura de densa poeira, a que tal vez sexa a forma nebula máis recoñecible no ceo. Enriba á dereita fica M42, a nebulosa de Orión, unha enerxética caldeira de gas tumultuoso, visible a simple vista, e que está dando al luz un novo cúmulo aberto de estrelas. Inmediatamente á esquerda de M42 hai unha destacada nebulosa azulada de reflexión chamada ás veces o Corredor que alberga moitas estrelas azuis. A imaxe de hoxe, unha composición cosida dixitalmente tirada durante varias noites cubre un área de obxectos que se atopan a preto de 1.500 anos luz de distancia e abrangue uns 75 anos luz.

Texto orixinal no APOD.

2 reflexións sobre “Orión en gas, poeira e estrelas

  1. Enorme la cantidad de información que recoge la fotografía, mirando directamente por el telescopio apenas vemos una pequeña parte.
    Gran fotografía, como ya nos tiene acostumbrados su autor.
    ¡¡! Enhorabuena Rogelio!!! Pienso que eres el mejor.

    Gústache ou non?: Thumb up 0 Thumb down 0

  2. Unha de Rogelio (aka RBA)… noraboa! Son fotos que gañan moito mirándoas a pantalla completa. Así que premede na imaxe para que se amplíe, xa que a especialidade deste autor son as fotos de gran campo, cheas de detalles. E traballiño que lle dá facelas!

    Saúdos.

    Gústache ou non?: Thumb up 0 Thumb down 0

Os comentarios están pechados.