Orión en gas, poeira e estrelas


Créditos da imaxe e copyright: Rogelio Bernal Andreo (Deep Sky Colors)
Explicación: a constelación de Orión alberga moito máis que tres estrelas en ringleira. Unha exposición profunda mostra todo, dende a nebulosa escura ata os cúmulos estelares, inseridos todos nunha extensa composición de volutas gasosas no gran complexo de nubes moleculares de Orion. As tres estrelas máis brillantes lonxe á esquerda son as tres famosas estrelas que configuran o cinto de Orión. Xusto debaixo de Alnitak, a máis baixa das tres estrelas do cinto, atópase a nebulosa da Chama, brillando co seu gas de hidróxeno excitado e mergullada en filamentos de escura poeira marrón. Baixo o centro do encadre e xusto á dereita de Alnitak fica a nebulosa de Cabeza de Cabalo, unha escura fendedura de densa poeira, a que tal vez sexa a forma nebula máis recoñecible no ceo. Enriba á dereita fica M42, a nebulosa de Orión, unha enerxética caldeira de gas tumultuoso, visible a simple vista, e que está dando al luz un novo cúmulo aberto de estrelas. Inmediatamente á esquerda de M42 hai unha destacada nebulosa azulada de reflexión chamada ás veces o Corredor que alberga moitas estrelas azuis. A imaxe de hoxe, unha composición cosida dixitalmente tirada durante varias noites cubre un área de obxectos que se atopan a preto de 1.500 anos luz de distancia e abrangue uns 75 anos luz.

Texto orixinal no APOD.