
Créditos da imaxe e Copyright: Rafael SchmallExplicación: alumeando a noite o pasado martes, ás veces a
Lúa Chea de febreiro denomínase a Lúa de Neve.
Pero a Lúa non estaba o bastante chea nesta paisaxe celeste en mosaico gravada o 2 de febreiro ao sur de Budapest, Hungría, e tampouco había neve. Aínda así, finas nubes de cristais de xeo penduraban no frío ceo invernal, creando este magnífico
halo lunar. A refracción do luar polos cristais de
seis caras producen o halo lixeiramente coloreado co seu característico radio de
22 graos. Xusto por baixo da Lúa está a brillante estrela Aldebarán.
Tamén no interior do halo á dereita está co cúmulo estelar das Pléiades. Na parte inferior esquerda, preto do límite do halo atópanse as
estrelas de Orión coa brillante Capella, a estrela alfa da
constelación Auriga, xusto máis alá do halo preto do alto do cadro.
Texto orixinal no APOD.