Árbores, estrelas, aurora!


Créditos do video e copyright: Christian Mülhauser; Música: Elemental, de Pulse Faction. Sendeiro de estrelas, por Jonathan Geer.

Explicación: viches algunha vez unha aurora? As auroras están acontecendo novamente cunha frecuencia cada vez maior. Co Sol manténdose inusualmente inactivo durante os últimos catro anos, a cantidade de auroras provocadas polo Sol  estaba a ser inusualmente baixo. Máis recentemente, sen embargo, o noso Sol comezou a estar cada vez máis activo, exhibindo unha gran abundancia de manchas solares, labaradas e execcións de masa coroal. Unha actividade solar típica como esa espalla polo Sistema Solar partículas cargadas algunhas das cales poderían desencadear auroras na Terra. Hai dúas semanas, máis aló das árbores e por diante das estrelas unha tormenta solar provocou o espectaculo en timelapse que se contempla enriba, unha pintoresca aurora sobre Ravnastua, Skoganvarre e Lakselv, en Noruega. Cortinas de luz auroral típicamente verde flúe, resplandece e baila ao caer al partículas enerxéticas na Terra e excitar as moléculas de aire das capas exteriores da atmósfera da Terra. Con un máximo solar aínda penedente, haberá incluso millores oportunidades de ver espectaculares auroras en persoa ao longo dos vindeiros dous anos.

Texto orixinal no APOD.