Encédalo retroiluminado por Saturno

Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA; Composición de cores: Gordan Ugarkovic

Explicación: esta lúa está iluminada pola luz do seu planeta. En concreto, unha boa parte de Encédalo, na ilustración de enriba, está iluminado pola luz do Sol previamente reflexada no planeta Saturno. O resultado é que a lúa, habitualmente branca como a neve, aparece coa cor dourada das nubes altas de Saturno. Dado que a maior parte da iluminación procede da esquerda da imaxe, un labirinto de cristas arroxa unhas sombras moi destacadas cara á dereita do centro da imaxe, mentres o canón Labtayt Sulci, de un kilómetro de profundidade, óllase xusto embaixo. O delgado e brillante crecente que hai lonxe, á dereita, é a única parte de Encédalo directamente iluminada polo Sol. A imaxe de enriba foi tomada o ano pasado pola sonda robotizada Cassini durante un vóo de aproximación sobre a enigmática lúa. Unha inspección da parte inferior deste imaxe definida dixitalmente revela penachos de xeo cristalizado que fan pensar que teñen a súa orixe nun mar baixo a superficie.

Texto orixinal no APOD.