O cinto de Venus sobre Mercedes, Arxentina

Créditos da imaxe e copyright: Luis Argerich (prema na imaxe para ampliar).

Explicación: se ben o podes ter visto, tal vez non te decataras. Durante un crepúsculo sen nubes, xusto antes da alborada ou despois de poñerse o Sol parte da atmósfera sobre o horizoe semella un pouco fóra de cor, lixeiramente rosa ou laranxa. Chamado cinturón de Venus, esta banda descolorida entre o escuro ceo eclipsado e o ceo azul pode ser vista case todas as direccións, incluída a oposta ao Sol. Xusto enriba, o ceo azul é a luz normal do Sol reflexándose na atmósfera. No cinto de Venus, sen embargo, a atmósfera reflexa a luz da saída (ou posta) do Sol, que aparece máis vermella. Baixo o cinto de Venus a atmósfera aparece máis escura porque ningunha luz a ilumina. O cinto de Venus pode ser ollado dende calquera lugar con un horizonte despexado. Na vista panorámica fotografada enriba o pasado mes en Mercedes, Argentina, o cinto de Venus foi composto de xeito dixital a partir de 16 imaxes máis pequenas. O cinto é frecuentemente captado de xeito accidental noutras fotografías.

Texto orixinal no APOD.