A poeira da nebulosa de Orión

Créditos da imaxe e copyright: Nicolás Villegas

Explicación: qué rodea un sementerio de formación estelar? No caso da nebulosa de Orión, poeira. O campo todo de Orión, localizado a unha distancia de 1.600 anos luz, atópase inundado con intrincados e pintorescos filamentos de poeira opaca á luz visible. A poeira é creada na atmósfera externa de estrelas frías masivas e expulsada polo forte vento de partículas. O trapecio e outros cúmulos de formación estelar están inseridos na nebulosa. Os intrincados filamentos de poeira rodean a M42 e a M43 (arriba) aparecen en marrón na imaxe superior, mentres o gas brillante central śtá destacado en vermello. Durante os vindeiros millóns de anos a maior parte da poeira de Orión será lentamente destruida polas propias estrelas que agora están a formarse, ou será espallado pola galaxia.

Texto orixinal no APOD.