Lunación

Créditos da imaxe e copyright: António Cidadão

Explicación: a apariencia da nosa Lúa cabia cada noite. Esta secuencia en time-lapse mostra á nosa Lúa durante unha lunación, un ciclo completo. Dado que a Lúa orbita á Terra, a metade iluminada polo Sol primeiro comeza a facerse cada vez máis visible e logo cada vez menos visible. A Lúa sempre mostra a mesma cara á Terra. O tamaño tamaño da Lúa cambia lixeiramente, e un lixeiro abalar chamado libración é distinguible mentres se despraza pola súa órbita elíptica. Durante o ciclo a luz do Sol refléxase dende a Lúa en diferentes ángulos. e así ilumina diferentes rasgos de xeito diferenciado. Unha lunación completa leva preto de 29,5 días, xusto un chisco menos de un mes.

APOD na India: un editor do APOD falará en Delhi o 12 de febreiro (é necesario rexistrarse).

Texto orixinal no APOD.