O cometa Garradd e M92

Créditos da imaxe e copyright: Rolando Ligustri (CARA Project, CAST)

Explicación: barrendo paseniñamente a constelación de Hércules, o cometa Garradd (C2009/P1) pasou o 3 de febreiro a preto de 0,5 graos do cúmulo estelar globular M92. Capturado aquí no seu último momento Messier, o teimundo personaxe queda xusto por debaixo da visibilidade do ollo humano con unha coma (ou cabeleira) central comparable en brillo co denso e ben coñecido cúmulo. A intensa vista telescópica desde Novo México no ceo da mañanciña destaca a cola en forma de ancho abano do Garrald, e a estreita cola de iońs que exténdese por enriba e maís aló do bordo do encadre. Empurrada pola presión da luz solar cara a fora, a poeira da cola tende a seguir o cometa pola súa órbita mentres a cola de ións, golpeada polo vento solar, flúe dende o cometa en dirección oposta ao Sol. M92 atópase a máis de 25.000 anos luz de distancia. O cometa Garradd atópase a 12,5 minutos luz do planeta Terra, trazando un arco do plano da eclíptica.

Texto orixinal no APOD.