No interior da nebulosa da Aguia


Créditos: Far-infrared: ESA/Herschel/PACS/SPIRE/Hill, Motte, HOBYS Key Programme Consortium; X-ray: ESA/XMM-Newton/EPIC/XMM-Newton-SOC/Boulanger

Explicación: en 1995, unha fotografía agora famosa procedente do Telescopio Espacial Hubble mostraba Os Piares da Creación, unhas columnas de formación estelar de gas frío e poeira de varios anos luz no interior de M16, a nebulosa da Aguia. Esta destacable imaxe composta revisita as proximidades do viveiro estelar, en fasla cor, cos datos procedentes do Observatorio Espacial Herschel e os telescopios XMM-Newton. Os lonxanos tetectores infravermellos do Herschel toman directamente as emisións procedentes das rexións frías, incluíndo os famosos Piares e as outras estructuras preto do centro da escena. No outro extremo do especto electromagnético, a visión en raios X do XMM-Newton revela as estrelas quentes masivas do cúmulo estelar inserido na nebulosa. Ocultas ás lentes de lonxitude de onda visible ópticas do Hubble as estrelas masivas teñen un efecto profundo, esculpindo e transformando as estructuras de gas nativo e poeira cos seus enerxéticos ventos e as súas radiacións. De feito, as estrelas masivas teñen unha vida curta e os astrónomos atoparon evidencias que apuntan a un resíduo de 6.000 anos de antigüidade procedente da explosión dunha supernova nos datos da imaxe. Se tal cousa fora certa, o golpe provocado pola onda expansiva destruiría os famosos piares, pero dado que a nebulosa da Aguia atópase a uns 6.500 anos luzde distancia non teremos testimonios da súa destrucción ata dentro de centos de anos.

Texto orixinal no APOD.