
Créditos da imaxe e Copyright: Alexandre Santerne(Laboratorio de astrofísica de Marsella / Observatorio da Alta Provenza) Explicación: pon a túa cámara nun trípode e poderás gravar os xeitosos
ronseis trazados polas estrelas ao
rotar sobre o seu eixo o planeta Terra. Se o trípode é o ESO do
observatorio de La Silla, no alto do
deserto de Atacama de Chile, as pegadas das estrelas quedarían así. Levando preto de 4 horas durante a noite do 24 de xaneiro,
a imaxe é realmente unha composoción de 250 exposicións consecutivas de 1 minuto, en dirección norte. O
Polo Norte Celeste, no centro dos arcos que forman os rastros estelares, atópase xusto baixo o horizonte nesta perspectiva dende o hemisferio sur. No primeiro plano a pulida antena parabólica de 15 metros de diámetro do
Swedish-ESO Submillimeter Telescope (agora fora de servizo) mostra reflexadas as pegadas das estrelas do sur. Os arcos deformados das estrelas que barren ao redor do
Polo Sur Celeste aparecen baixo o horizonte sur na vista invertida do centro da parabólica. Á dereita da antena parabólica está a cúpula do telescopio de 3,6 metros do observatorio, fogar dos espectrógrafo caza-planetas do
HARPS.
Texto orixinal no APOD.