Aurora vermella sobre Australia


Alex Cherney (TerrastroTWAN)
Explicación: por que brillaría o ceo de vermello? Aurora polar. As tormentas solares da semana pasada, que emanaron na súa maior parte da rexión activa de manchas solares 1402, regaron de partículas a Terra que excitaron os átomos de osíxeno da parte alta da súa atmósfera. Mentres os electróns excitados do elemento caían ao seu estado fundamental, emitían un brillo vermello. Canto máis abaixo estiveran os átomos de osíxeno excitados na atmósfera terrestre, o brillo sería predominantemente verde. Na fotografía superior, esta aurora vermella e alta era visible xusto por riba do horizonte a semana pasada preto de Flinders, en Victoria (Australia). Esa noite o ceo, porén, tamén brillaba con obxectos máis familiares pero máis afastados, incluíndo o disco central da nosa Galaxia Vía Láctea á esquerda e as galaxias veciñas da Gran e Pequena Nube de Magallanes á dereita. Un vídeo en time-lapse que resalta as auroras visibles esa noite sitúa a pintoresca vista en contexto. Por que o ceo non brilla tamén en verde aínda fica descoñecido.

Texto orixinal no APOD.