A Canica Azul da Terra dende a Suomi NPP

Créditos da imaxe: NASA/NOAA/GSFC/Suomi NPP/VIIRS/Norman Kuring

Explicación: velaquí unha das máis detalladas imaxes da Terra nunca creadas. Esta montaxe da Canica Azul da Terra mostrada enriba, feita a partir das fotografías tomadas polo Visible/Infrared Imager Radiometer Suite (VIIRS), instrumento a bordo do novo satélite Suomi NPP, mostra impresionantes detalles do noso fogar planetario. O satélite Suomi NPP foi lanzado o pasado outubro e renomeado a pasada semana como Verner Suomi, comunmente considerado como o pai da meteoroloxía satelital. A composición foi creada a partir dos datos recollidos ao principio deste mes durante catro órbitas do satélite robotizado e proxectados dixitalmente sobre o globo. Na versión en alta resolución da imaxe son particularmente visibles moitas características de Norteamérica e o hemisferio occidental. Xa con anterioridade creáranse algunhas imaxes da Canica Azul da Terra, algunha con unha resolución aínda máis alta.

Texto orixinal no APOD.