
Créditos da imaxe: FORS Team, 8.2-meter VLT Antu, ESO Explicación: onde foron as estrelas todas? O que soía ser considerado como un burato no ceo é agora coñecido polos astróno como unha
nube molecular escura. Neste caso, a alta concentración de
poeira e
gas molecular absorbe prácticamente toda a luz visible emitida polas estrelas que hai detrás. A inquedante escuridade dos arredores axuda a facer o interior das
nubes moleculares un dos máis
illados lugares do universo. Una das máis salientables desas
nebulosas escuras de absorción é a nube que hai cara a constelación de
Ophiuchus, e coñecida como
Barnard 68,
mostrada enriba. Que as estrelas non sexan visibles no seu centro indica que
Barnard 68 está relativamente preto, es as medidas marcan preto de 500 anos luz de distancia e medio
ano luz de envergadura. Non se coñece con exactitude cómo se forman as
nubes moleculares como
Barnard 68, pero sábese que esas nubes son elas mesmas
lugares probables para
formación de novas estrelas. De feito,
atopouse que
Barnard 68 probablemente colapse e forme un novo sistema estelar. É posible
botar unha boa ollada a través da nube e luz
infravermella.
Texto orixinal no APOD.