Planet Aurora Borealis

Créditos da imaxe e copyrightGöran Strand

 

Explicación: iluminada por unha inquedante luz esverdeada, este notable e pequeno planeta está cuberto de xeo e neve e rodeado por delgados piñeiros. Por suposto, este pequeno planeta é realmente o planeta Terra, e as estrelas do redor son as que están sobre o horizonte preto de Östersund, en Suecia. A pálida iluminación verde procede da cortina dunha faiscante Aurora Boreal, tamén coñecida como Luz do Norte. O espectáculo desencadeouse canto unha xigantesca exección de masa coronal (CME) abalou a magnetosfera do planeta Terra o 24 de xaneiro e produciu unha forte tormenta xeomagnética. Os olladores do ceo do hemisferio norte tamén recoñecerán a familiar orientación de estrelas á esqurda, que inclúe os cúmulos estelares das Pléiades e Hyades e as estrelas de Orion. O incremento da actividade solar causou que as recentes auroras sexan moi extensas e inclúan auroras australes, a Luz do Sur, en altas latitudes do sur.

Texto orixinal no APOD.