NGC 4449: corrente estelar para unha galaxia anana


See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an annotated version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.

Créditos da imaxe e CopyrightR Jay Gabany (Blackbird Obs.), inserto: Subaru/Suprime-Cam (NAOJ)colaboración: David Martínez-Delgado (MPIA, IAC), et al.

Explicación: a tan só 12,5 millóns de anos luz da Terra, a galaxia anana irregular NGC 4449 atópase nos confíns de Canes Venatici, a constelación dos Cans Cazadores. Aproximadamente do tamaño da galaxia satélite da nosa Vía Láctea a Gran Nube de Magallanes, NGC 4449 está a experimentar un intenso episodio de formación estelar, evidenciado pola súa riqueza en cúmulos de estrelas azuis e novas, rexións de formación estelar rosadas e nubes de po escuro neste profundo retrato en cor. Tamén ten a distinción de ser a primeira galaxia anana na que se identificou unha corrente estelar de marea, que apenas se olla na parte inferior dereita. Poñendo o teu cursor sobre a imaxe desvélase un recadro do chorro que o resolve en estrelas xigantes vermellas. A corrente estelar representa os restos dunha galaxia satélite aínda máis pequena que cae, perturbada por forzas gravitatorias e destinada a fusionarse con NGC 4449. Con relativamente poucas estrelas, pénsase que as galaxias pequenas posúen grandes halos de materia escura. Pero como a materia escura interacciona gravitacionalmente, estas observacións ofrecen unha oportunidade para examinar o destacado papel da materia escura nos eventos de fusión galáctica. Probablemente a interacción é responsable dos estoupidos de formación estelar en NGC 4449 e ofrece unha ollada atraínte sobre como incluso as galaxias pequenas se ensamblan no tempo.

Texto orixinal no APOD.