Un intenso Orión sobre as Illas Canarias


Mira a explicación. Movendo o curso sobre a imaxe aparecerá a versión anotada. Premendo na imaxe verás a versión en maior resolución.

Créditos da imaxe e copyright: Juan Carlos Casado (TWAN)

Explicación: que atrae máis aos ollos, o ceo ou o solo? Na parte do terreo están os picos rochosos do Parque Nacional do Teide da Illa de Tenerife, nas Illas Canarias, en España, na costa noroeste de África. A paisaxe volcánica presenta os vellos cumios das illas que ás veces son banco de probas dos instrumentos de futuros todoterreos marcianos. As luces dun hotel achegado brillan lonxe, á esquerda. Son visibles no horizonte nubes tormentosas, que se replican artificialmente por causa das exposicións múltiples. Dividindo o ceo, cruzando a metade da intensa imaxe superior, está a banda vertical da galaxia da Vía Láctea. O círculo vermello da dereita é o Bucle de Barnard, preto do cuxo centro atópase o coñecido cinto de estrelas da constelación de Orión. Ao pouco de térse tirado a imaxe durante unha noite este mesmo ano, as nubes tormentosas rodaron pola escena, e o centro de atención dos ollos foron os lugares interiores.

Texto orixinal no APOD.

2 reflexións sobre “Un intenso Orión sobre as Illas Canarias

  1. “que atrae máis aos ollos, o ceo ou o solo?”
    En esta magnifica foto es difícil decidir.
    Pero ya que estamos en una pagina astronómica, que es lo que me atrae hasta aquí, el cielo me gusta más.
    La vista de la zona de Orión, un poco descolgada del plano de la Vía Láctea, debido a su cercanía y nuestra perspectiva, es muy difícil de superar.
    Saúdos.

    • A verdade é que na imaxe, pola longa exposición, aparecen as súas estrelas especialmente chamativas.

Os comentarios están pechados.