Un intenso Orión sobre as Illas Canarias


Mira a explicación. Movendo o curso sobre a imaxe aparecerá a versión anotada. Premendo na imaxe verás a versión en maior resolución.

Créditos da imaxe e copyright: Juan Carlos Casado (TWAN)

Explicación: que atrae máis aos ollos, o ceo ou o solo? Na parte do terreo están os picos rochosos do Parque Nacional do Teide da Illa de Tenerife, nas Illas Canarias, en España, na costa noroeste de África. A paisaxe volcánica presenta os vellos cumios das illas que ás veces son banco de probas dos instrumentos de futuros todoterreos marcianos. As luces dun hotel achegado brillan lonxe, á esquerda. Son visibles no horizonte nubes tormentosas, que se replican artificialmente por causa das exposicións múltiples. Dividindo o ceo, cruzando a metade da intensa imaxe superior, está a banda vertical da galaxia da Vía Láctea. O círculo vermello da dereita é o Bucle de Barnard, preto do cuxo centro atópase o coñecido cinto de estrelas da constelación de Orión. Ao pouco de térse tirado a imaxe durante unha noite este mesmo ano, as nubes tormentosas rodaron pola escena, e o centro de atención dos ollos foron os lugares interiores.

Texto orixinal no APOD.