O hexágono de Saturno iluminado

Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA

Explicación: o creas ou non, este é o polo norte de Saturno. Non está claro como se formou o inusual sistema nuboso hexagonal que rodea o polo norte de Saturno, de que xeito mantén esa forma nen canto tempo durará. Descuberto orixinariamente nos anos oitenta durante un sobrevoo sobre Saturno da Voyager, ninguén viu xamais nada semellante no Sistema Solar. Se ben o seu brillo infravermello foi visible previamente para a sonda Cassini que agora orbita Saturno, en 2009 o misterioso vótice hexagonal ficou totalmente iluminado pola luz do Sol por primeria vez durante a visita da Cassini. Dende entón a Cassini fotografou a rotación do hexágono en luz visible as veces suficientes como para crear unha película en time-lapse. O centro do polo non foi ben captado e resultou excluído. A película mostra inesperados movementos de nubes, como as ondas que emerxen das esquinas do hexágono. Os científicos planetarios con seguridade seguirán estudando a formación nubosa máis inusual dende hai moito tempo.

Texto orixinal no APOD.