Xornadas ao Sol

Créditos da imaxe e copyright: Regina Valkenborgh

Explicación: esta exposición tirada dende un único punto de vista, de seis meses de duración de solsticio a solsticio, comprime o tempo dende o 21 de xuño ata o 21 de decembro de 2011. A pouco convencional fotografía, chamada solárgrafo, foi tirada con unha cámara estenopeica feita cun bote de bebida forrado cun anaco de papel fotográfico. A sinxela cámara foi fixada a un único lugar durante toda a exposición e gravou continuadamente o percorrido do Sol como unha pegada brillante no papel fotosensible. Nesta ocasión o lugar foi elixido para que se ollaran as cúpulas e o radiotelescopio do observatorio Bayfordbury da Universidade de Hertfordshire. Os ocos escuros nos arcos de cada día están causados polas nubes, mentres que os trazos contínuos brillantes rexistran espléndidos periodos de tempo soleado. Como é natural en xuño os rastros do Sol comezan no máis alto no solsticio de verán do hemisferio norte. Os sendeiros afúndense no ceo cara abaixo a medida que se aproxima o solsticio de inverno. O outono do último ano foi un dos máis calmados que se lembran no Reino Unido, do que da testemuña a abundancia de arcos brillantes na parte baixa da fotografía.

Texto orixinal no APOD.