A Lúa do Lobo

 
Créditos da imaxe e copyrightGöran Strand
Explicación: unha Lúa chea saíndo pode ser unha visión celeste espectacular, e as lúas cheas poden ter moitos nomes. Captada o 8 de xaneiro desde Ötersund (Suecia), este evocador retrato do mencer luar podería facerte sentir o frío do inverno do norte. Se tamén es quen de imaxinar os lobos ouveando na distancia entón probablemente comprenderás por que os nativos americanos a chamaron a Lúa do Lobo, o seu nome tradicional para a primeira Lúa Chea de xaneiro. O fotógrafo informa que non escoitou lobos aínda que, mentres ollaba esta fermosa Lúa Chea erguéndose na tenue luz preto do horizonte do leste, repetindo a cor amarela do Sol poñéndose. Naturalmente, prevista este ano o 7 de febreiro, a vindeira Lúa Chea será a Lúa da Neve.

Texto orixinal no APOD.