As estrelas do cazador

 
Créditos da imaxe e copyrightBrendan Alexander (Donegal Skies)
Explicación: cinguido con moitas estrelas resplandecentes, Orión, o Cazador, é unha das constelacións máis facilmente recoñecibles. Nesta paisaxe nocturna de 15 de xaneiro, as estrelas do cazador érguense no ceo invernal do hemisferio setentrional, enmarcadas por árbores sen follas e limitado por debaixo polas luces terrestres ao redor de Lough Eske (o Lago do Peixe) en County Donegal (Irlanda). A estrela xigante vermella Betelgeuse abraia en tons amarelados no ombreiro de Orión por riba e á esquerda do centro. Rivaliza a brillante xigante vermella, Rigel, unha estrela superxigante azul ocupa a posición oposta preto do pe de Orión. Naturalmente, a espada de Orión pendura das tres estrelas do cinto do cazador preto do centro do cadro, pero a estrela central da espada non é unha estrela en absoluto. Un brillo rosado e lixeiramente difuso apunta á súa verdadeira natureza, unha gardería estelar cercana visible a simple vista coñecida como a Nebulosa de Orión.

Texto orixinal no APOD.