Luz zodiacal e falsa alborada

Créditos da imaxe e copyright: Nilesh Vayada e Ajay Talwar (TWAN)

Explicación: é unha alborada ou unha falsa alborada? Durante algunhas veces cada ano o horizonte preto da saída do Sol comezará a brillar máis do habitual. Este brillo do mencer non se orixina directamente no Sol senon máis ben na luz solar reflexada na poeira interplanetaria. Chamada luz zodiacal, o triángulo brillante de luz pode confundirse por momentos con unha alborada, e é por eso que pode chamarse falso amencer. Ilustrados enriba, dous falsos amenceres foron grabados durante cinco horas en time-lapse dende o alto do observatorio máis elevado do mundo, Mount Saraswati, preto de Hanle, na India. No seu momento máis brillante a saída do triángulo zodiacal na esquerda brilla con máis intensidade aínda que o disco central da nosa galaxia Vía Láctea, que pode ollarse na banda diagonal movéndose de esqueda a dereita a tracés do encadre.

Texto orixinal no APOD.