A Grande Nube de Magallanes en infravermello

Créditos: ESA / NASA / JPL-Caltech / STScI

Explicación: nubes de poeira cósmica rízanse ao longo deste retrato en infravermello da galáxia satélite da nosa Vía Láctea, a Grande Nube de Magallanes. De feito, esta notable imaxe composta procedente do Observatorio Espacial Herschel e do Telescopio Espacial Spitzer mostra cómo esa poeira enche a vecina galaxia anana, tanto como o fai ao longo do plano da propia Vía Láctea. A temperatura do pó facilita a localización da actividade de formación estelar. Os datos do Spitzer mostran en tons azuis indican a poeira morna quentada polas estrelas xoves.Os intrumentos do Herschel contribuiron aos datos da imaxe mostrando en vermello e verde as emisións de pó procedentes de rexións intermedias e máis frías nas que a formación estelar está comezando ou detívose. Dominada pola emisión de poeira, a apariencia da Grande Nube de Magallanes en infravermello é diferente das visións en imaxe óptica. Pero a ben coñecida 30 Doradus ou Nebulosa da Tarantula aínda destaca, doadamente visible aquí como a rexión máis brillante á esquerda do centro. A soamente 160.000 anos luz de distancia, a Grande Nube de Magallanes abrangue preto de 30.000 anos luz.

Texto orixinal no APOD.