NGC 6369: a nebulosa do pequeno espírito

Créditos: Equipo da Hubble Heritage, NASA

Explanation: esta ben feitiña nebulosa, catalogada como NGC 6369, foi descuberta polo astrónomo do século XVIII William Herschel mentres usaba un telescopio para explorar a constelación medicinal de Ophiucus. Redonda como a forma dun planeta, a nebulosa é relativamente débil e adquiriu o alcume de Nebulosa do Pequeno Espírito (ou da Pequena Pantasma). As nebulosas planetarias en xeral non teñen en absoluto relación cos planetas, máis ben créanse ao final da vida das estrelas semellante ao Sol, cando as súas capas exteriores se expanden no espazo mentres o centro da estrela se encolle para converterse nunha anana branca. A estrela anana branca, que se olla preto do centro, irradia con forza ondas de lonxitude ultravioleta. Esta sedutora imaxe composta a partir dos datos do telescopio espacial Hubble revela complexos e sorprendentes detalles e estruturas de NGC 6369. O anel principal da nebulosa é de preto de un ano luz e o resplandor dos átomos de hidróxeno, nitróxeno e osíxeno ionizado están coloreados, respectivamente, en verde, vermello e azul. A preto de 2.000 anos, a Nebulosa do Pequeno Espírito mostra un anticipo do destino do noso Sol, que producirá a súa propia nebulosa planetaria dentro de preto de 5 mill millóns de anos.

Texto orixinal no APOD.