Xapeto de Saturno: lúa pintada

 
Créditos da imaxe: Cassini Imaging TeamSSIJPLESANASA
Explicación: que lle pasou á lúa de Saturno Iapetus? Enormes seccións deste estraño mundo son escuras coma o carbón, mentres que outras son tan brillantes coma o xeo. A composición do material escuro descoñécese, pero o espectro infravermello indica que posiblemente contén algunha clase escura de carbón. Xapeto tamén ten unha cordilleira ecuatorial que fai que se pareza a unha noz. Para axudar a comprender mellor esta lúa aparentemente pintada, a NASA dirixiu a nave espacial robótica Cassini que orbita a Saturno a abaterse a 2.000 quilómetros en 2007. Na fotografía superior, desde uns 75.000 quilómetros de distancia, a traxectoria da Cassini permitiu un fotografado sen precedentes do hemisferio de Iapetus que está sempre na parte de atrás. Óllase un enorme cráter de impacto no sur que se estende uns fantásticos 450 quilómetros e aparece superposto sobre un cráter máis vello de tamaño similar. O material escuro aparece cubrindo cada vez máis a parte máis ao leste de Iapetus, escurecendo os cráteres e as terras altas por igual. Un exame de preto indica que a capa escura oriéntase tipicamente cara o ecuador da lúa e ten menos de un metro de espesor. Unha hipótese destacada é que o material escuro é na maior parte restos sucios formados cando o xeo relativamente morno pero emporcallado se sublima. Unha cobertura inicial de material escuro puido pintarse eficazmente pola acreción de restos liberados por meteoros provenientes doutras lúas. Esta e outras imaxes do sobrevoo de Iapetus pola Cassini están a ser estudiadas para obter incluso maiores pistas.

Texto orixinal no APOD.