O caso da compañeira perdida da supernova

 

Ver explicación. Move o cursor sobre a imaxe para ver a versión anotada. Premendo na imaxe obterás unha imaxe a maior resolución.

Créditos da imaxe: raios X: NASA/CXC/SAO/J. Hughes et al., visual: NASA/ESA/Hubble Heritage Team (STScI /AURA)

Explicación: onde está a outra estrela? No centro deste remanente de supernova debería estar a estrela compañeira da estrela que estoupou. A identificación desta estrela é importante para comprender como detona unha supernova de Tipo Ia, que á súa vez podería levar a unha mellor comprensión da razón pola que o brillo de tales explosións é tan predicible, que á súa vez é chave para calibrar a completa natureza do noso universo. O problema é que incluso unha inspección coidadosa do centro de SNR 0509-67.5 non atopou ningunha estrela en absoluto. Isto indica que a compañeira é intrinsecamente moi feble; moito máis que moitas clases de estrelas xigantes brillantes que previamente foran candidatas. De feito, a implicación de que a estrela compañeira podería ter que ser unha anana branca débil, semellante a (pero menos masiva que) a estrela que estoupou. SNR 0509-67.5 amósase arriba tanto en luz visible, brillando en vermello tal e como fotografou o Telescopio Espacial Hubble e luz de raios X, amosada en cor verde falsa tal e como fotografou o Observatorio Chandra de raios X.

Texto orixinal no APOD.