O pequeno planeta Lovejoy

 

See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an annotated version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.

Créditos da imaxe e copyright: Alex Cherney (TerrastroTWAN)

Explicación: unha vez unha brillante aparición no albor do hemisferio meridional, o Cometa Lovejoy está a esmorecer, pero a súa longa cola aínda se estira ao través dos ceos preto do polo sur celeste. Captado na mañá do 30 de decembro, o cometa aparece  tamén preto do límite deste pequeno planeta. Naturalmente, o pequeno planeta é realmente o planeta Terra e a imaxe creouse a partires dun mosaico de 12 fotogramas usados para construír unha panorámica esférica. O tipo de proxección estereográfica empregada para cartografar os píxeles da imaxe céntrase directamente por baixo da cámara e recibe a denominación  a proxección do pequeno planeta. As estrelas que rodean este pequeno planeta estaban por riba do horizonte nubrado do fotógrafo preto de Bay of Islands na estrada Great Ocean no sur de Victoria, Australia. O cometa pode identificarse decorrendo ao longo da Vía Láctea, con outras obxectos celestes destacados, poñendo o teu cursor sobre a imaxe. Canopus e Sirio, estrelas moi brillantes, están á dereita do pequeno planeta.

Texto orixinal no APOD.