A brillante estrela Regulus preto da galaxia anana Leo I

 
Créditos e copyright: Chris Cook (CookPhoto.com)
Explicación: a estrela preto do cumio é tan brillante que ás veces dificulta percibir a galaxia do fondo. Fotografadas enriba, tanto a estrela, Regulus, como a galaxia, Leo I, poden atoparse nun grao unha doutra cara a constelación do León (Leo). Regulus forma parte dun sistema estelar múltiple, cunha estrela dobre compañeira achegada visible na parte esquerda máis inferior da xove estrela da secuencia principal. Leo I é unha galaxia esférica anana do Grupo Local de galaxias dominado pola nosa Galaxia Vía Láctea e M31. Pénsase que Leo I é a máis afastada das diferentes galaxias satélites pequenas coñecidas que orbitan a nosa Galaxia Vía LácteaRegulus atópase a uns 75 anos luz de distancia, en contraste con Leo 1 que está a uns 800.000 anos luz.

Texto orixinal no APOD.