Faro e meteoro

Imaxe e Copyright: Jack Fusco

Explicación: así nomeada por unha constelación esquecida, a choiva de meteoros das Cuadrántidas é un evento anual para os observadores do hemisferio norte do planeta Terra. Ten os seus picos nas frías e temperás alboradas do 4 de xaneiro. O punto radiante do ceo da choiva atópase na vella e obsoleta constelación de Quadrans Muralis. Esa posición atópase situada nos límites das constelacións de Hércules, Bootes, e Draco. Moitos dos meteoros cuadrantes deste ano foron febles, pero un captado nesta panorámica do ceo norteño é fácil de detectar. No primeiro plano está o faro East Point do río Maurice, situado preto da punta sur de Nova Jersey, na costa leste de Estados Unidos. A fonte probable do fluxo de poeira que produce os meteoros das Cadrántidas foi identificado como un asteroide en 2003.

Texto orixinal no APOD.